Crónica da Copa
Pois despois de tantos días por fin vos vou contar como foi a grandiosa Copa Cantábrica, que como xa saberedes trouxemos para Galiza ;). Ando con exames e traballos, e ademais mañán vou a Vigo a debutar como xogador do Crat, así que estes días non sei se poderei escreber por aquí... Por certo, como só imos os cadetes de primeiro ano e temos poucos dianteiros vou xogar de talonador, na primeira liña, hahaha... E sacando as touches! :P A ver que fago, cando teña tempo cóntovos ;)
Ao que ía, o domingo pasado desputamos o partido, que acabamos gañando nós no desempate! Eu fun o día anterior cos meus pais para Ribadeo e quedamos a durmir alí, e ao día seguinte eu collín a guagua da selección e marchei cos meus compañeiros cara a pista de Piyarnu. No bus ambientáronnos con vídeos da selección e música do grupo do moucho, Arredemo. Despois de escoitar os himnos desputamos o partido, e eu comecei de titular :D. Gañei dúas das tres carreiras que disputei, non estivo tan mal, hahaha... Igualamos cos asturianos e tivemos que desempatar, polo que cinco xogadores de cada equipo foron escollidos polos adestradores para desputar esta ronda final. Acabou definindo Fram, que puido coa presión e trouxo a copa para a casa. Por desgraza tiven que volver cos meus pais para A Coruña antes de que se desputase o Xamón Cantábrico, co que se acabou facendo o palanador galego Ginés. En definitiva, un día para recordar! Avante a Auténtica!
N'O Varal tedes unha crónica bastante mellor que a miña cargada de fotos e información, e en Vieiros está colgada outra crónica moi interesante que vale a pena que vexades :P
En fin, obrigado aos compañeiros da LNB que traballaron duramente para que uns privilexiados puideramos vivir este acontecemento tan especial.
En fin, déixoo que mañán madrugo para ir a Vigo! Saúdos!