Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sexta-feira, Junho 15, 2007

Yngwie Malmsteen, o voso novo Deus

Estaba eu buscando vídeos deste home coa esperanza de que non fosen tan aburridos coma de costume cando atopei este, que non podería definir mellor a miña opinión sobre el. O tipo este paréceme rallante e demasiado subido de fumes, e creo que hai moitos que tocan coma el e non van por aí predicándoo... Aquí está o vídeo en cuestión, adorade a Yngwie ou el virá e acabará con todos vós cravándovos o mástil da súa guitarra nos vosos raquíticos cerebros :P



PS: Espero que alguén non me considere demasiado blasfemo do dogma metálico ;)

Quinta-feira, Junho 07, 2007

Por fin!

Xa era hora de acabar os exames e poder afirmar que me quedan algo máis de 3 meses nos que a miña actividade principal será rascar a barriga! Agora só me queda ir ao colexio mañán, porque temos a excursión, e o luns para que me den todas as notas :D A alegría invádeme!
E ademais hoxe pasoume algo bastante curioso... Resulta que me tiñan que dar o exame de física e química, e ao collelo vin rodeada a nota 4.45... Entón púxenme a sumalo, e deume 5.15! Fun falar coa profesora e resulta que eu tiña razón e o exame estaba aprobado... No meu caso non pasaría nada porque aínda suspendendo este supoño que aprobaría ao facerme media co outro, mais se me xogase a avaliación e non o sumase podería ser bastante terríbel... E resulta que a outro que aprobara tamén lle puxo que suspendera, e a varios máis lles baixara a nota, polo que deduzo que a tipa non descubriu as calculadoras... O caso é que todo tivo un final feliz e a falta dalgunha nota creo que xa teño todo aprobado!!! O curso foi difícil porque eu até este ano nunca estudara en condicións, mais chegoume co día anterior para sacar unhas notas bastante decentes, hehehe...
E por se fora pouco, este exame de física será o derradeiro da miña vida porque para o ano vou por letras e non terei que aprenderme nunca máis a puta táboa periódica :D Que si, a física pode ser divertida (El Hormiguero é a demostración), mais no meu colexio pódovos asegurar que non... Pois iso, a partir de agora quédanme longas partidas de Risk, torneos de Smack Down 07 e de Pro 6 na Play, enchentas de Age of Empires, ensaios do noso cutre-grupo e tardes na praia, entre outras moitas cousas... Que ben senta dicir isto :D
Saúdos!