Contrastes (V)
Pois aquí vai a miña quinta entrega da saga Contrastes, hehehe... Espero que gostedes :D.
Sonata Arctica - Wolf and Raven
Power Metal, Finlandia
Pois aquí tedes outra das grandes bandas de metal escandinavas, hehehe... Escollín esta canción de entre tantas excelentes porque gosto moito da forza que lle imprime ao tema o cantante, especialmente nos primeiros versos. Un dos mellores grupos de Power Metal actuais e cun grande futuro; temos Sonata Arctica por moito tempo :D.
Treixadura e Gaiteiros de Lisboa - Chula da Póvoa
Música Tradicional Galegoportuguesa, Galiza/Portugal
O mellor grupo de música tradicional galega únese ao mellor grupo de música tradicional portuguesa para cantar e demostrar que a cultura é unha, e de paso que mereceu ser considerada Património Imaterial da Humanidade pola Unesco ;).
Viking Metal, Finlandia
Teño que dicer que o Moucho me aficionou moito a este grupo, e que me empachei uns días atrás a vídeos deles no Y
Os Diplomáticos de Montealto - Oda ao futbolín
Folk, Galiza
Ai, que grande deporte o futbolín... :D Aquí tedes outro das grandes cancións do Xabarín que están colgadas no Youtube. Cantas veces escoitei eu este temazo, hehehe! :D Pena que os Diplos xa se desfixesen... D.E.P. Alexandre...
AC/DC - Rock & Roll ain't Noise Pollution
Hard Rock, Australia
Para unha das poucas cancións que sei tocar enteiras, que menos que poñela no blogue... :P Boísimo tema cunha letra moi interesante, hehehe... Sen dúbida un dos mellores grupos de rock da historia ;).
Saúdos!
Para unha das poucas cancións que sei tocar enteiras, que menos que poñela no blogue... :P Boísimo tema cunha letra moi interesante, hehehe... Sen dúbida un dos mellores grupos de rock da historia ;).
Saúdos!
