Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sexta-feira, Novembro 02, 2007

I Copa Cantábrica


Só quedan 2 días para que se despute a I Copa Cantábrica de Billarda!!! Como xa saberedes, as seleccións de Galiza e Asturies loitarán este domingo por acadar a desexada copa, e estou convocado para representar á Conferencia Noroeste no partido! Para nada esperaba este honor, aínda que loitarei para ser digno del ;)
O sábado á noite levaranme meus pais, quedarei a durmir por aló e ao día seguinte collerei a guagua en Barreiros, que nos levará aos seleccionados á pista de Piyarnu. O partido comezará ás 12, e ao acabar xantaremos no Restaurante Casa Adolfo. Pola tarde despútase o Xamón Cantábrico, aínda que como teño que volver para A Coruña non sei se poderei participar :D Para máis información sobre este grande evento pasádevos polo Varal, alí tedes a convocatoria, o sistema de xogo do torneo e o resto de temas relacionados co partido. Desexádeme sorte, creo que a vou necesitar :P
Saúdos!

PD: Por certo, nos adestramentos de rugby paseino moi ben, xa vos irei informando das miñas andanzas :D

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo di...

A selección asturiana xoga ben ... pero isa copa ten que vir para Galiza.
Que che pareceu o letreiro?
Vémonos mañá na guagua.

Toño.

1:48 AM

 
Blogger Fada Branca di...

Sorte meu, xa contarás

9:56 AM

 
Blogger moucho branco di...

Pois sorte e a pola vitoria!, :P

3:05 PM

 
Blogger David di...

Toño: pois o cartaz moloume moito, hehehe... Quedan 4 días!!

fada branca: graciñas!

moucho branco: haha, e conseguímola!! Vémonos o domingo, non? :P

8:56 AM

 

Enviar um comentário

<< Home