Sigo aquí ;)
Se me fixo nos meus últimos posts descubro que este ritmo de actualizacións é un dos peores da historia deste blogue... Non me quero excusar, é verdade que estou bastante ocupado pero non tanto como para non poder escreber nada nunha semana. Polo tanto, como mínimo vou subir un post por semana, e senón o fago, a próxima semana escribirei dous polo menos ;). Supoño que poñéndome algún mínimo abandoarei isto menos do habitual, hehehe...info
Coméntovos que desde fai bastante tempo vexo cada ano o 6 nacións (até o 2000 5 nacións) e o mundial de rugby, e máis dunha vez pensei en xogar nalgún clube. É un deporte que ten pouca tradición por aquí, e polo tanto tamén hai pouca información dos clubes nos que se pode practicar. E sobre todo desde que comezou o mundial deste ano, en Francia, foise xestando na miña cabeza a idea de chamar ao Zalaeta e ao CRAT para ver cando adestran os cadetes, e se podería entrar na equipa. Entón a semana pasada déuseme por buscar os números de ambos clubes e preguntar isto, xa que se os horarios coincidisen ben podería ir probar. O Zalaeta adestra en Arteixo e tería que coller un bus en Eirís, ademais de que os horarios me veñen peor polas actividades que fago; mais o CRAT adestra na Torre, e aínda que so podería ir a un dos dous adestramentos dixéronme que non pasaba nada e que fose probar.
Se vos digo a verdade, e aínda que non coñezo a ninguén aí, estou que non mexo con que chegue o venres para ir xogar... E claro, vexo algún vídeo coma este, do 6 nacións deste ano, e poñénseme os pelos crespos :P
Como é obvio nunha nai, á miña non lle fai demasiada ilusión, mais por outra parte non intenta convencerme de que non vaia nen nada parecido. Realmente é un deporte duro, pero moito menos sucio que outros que vemos máis a miúdo. Respétase o árbitro, ao acabar os partidos vaise tomar algo cos rivais, que ao mesmo tempo son compañeiros (o terceiro tempo)... Prima a amizade, o compañeirismo, o sacrificio... En fin, o venres estarei alí adestrando, e se me da tempo o sábado, senón o domingo, cóntovos como foi ;)
Por certo, o mundial deste ano estivo cheo de sorpresas: a miña Irlanda eliminada en primeira fase (snif snif... :D), Nova Zelandia e Australia en 1/4... E papelón de Arxentina, que o venres se xoga o 3º e 4º posto. Con respecto á final do sábado, espero que gañe o mellor xD A miña previsión é que Inglaterra xogará á defensiva, e irá sumando grazas a drops e golpes de castigo de Wilkinson, mentres que Habana correrá como é habitual nel, fará polo menos dous ensaios e daralle a victoria aos Springboks ;)
Saúdos e graciñas por pasarvos!

6 Comentarios:
Hola, foi polo que che dixen no outro post o de polo menos publicar algo á semá?? Noraboa pola volta
2:19 PM
Sorte co do rugby, neno! Nom vim nunca um partido de rugby (aqui tampouco é um deporte moi popular), pero se é como estou a imaginar, nom creo que seja algo que eu chegue a intentar em vida. Melhor me quedo co futbol! :)
5:12 PM
Non te arrepentirás! Eu estiven un ano e medio no equipo de rugby da universidade e paseino xenial!! Avísote de que se xa che gusta ver o Rugby agora, en canto o practiques vas ficar totalmente enganchado.
Agardo ler as túas impresións. Apertas!
4:45 AM
Vexo que vai en serio a túa iniciación nese deporte.... moi ben home, iso é moi sano.
O blogueo activo de novo é un propósito alcanzable, eu vou facendo tamén progresos, eh?, :P
8:03 AM
todo o meu ánimo para que entres na meleé, fai un par de semanas estiven na casa da miña compañeira en Avilés a punto de ir animar ó Crat que xoganba alí contra o Belenos. Un saudo e vámosnos pronto na Guagua!!
http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=1789_47_566873__Deportes-Belenos-debuta-Liga-ante-potente-Crat
7:20 AM
fada branca: pois ten que ver, si, mais xa tiña pensado poñerme algún mínimo ;)
yuji: no Brasil é ben pouco popular, certo, mais todo é cousa de probar ;)
sak: pois nos dous adestramentos nos que estiven paseino moi ben, hehe... A ver se aprendo a defender un pouco, que dou bastante peniña ;) Xa vos contarei :D
moucho branco: pois si, que coincidencia vernos cando ía para aló :P Ti sempre actualizaches máis a miúdo ca min, son un pouco vago de máis...
zimmer: pois a ver que tal me vai, hahaha... Obrigado pola noticia e polos ánimos!!!
1:41 PM
Enviar um comentário
<< Home