Xa temos liga!!!
Como xa veríades anunciado polo blogomillo, este ano imos ter a 1ª Liga Nacional de Billarda do NorOeste!! Apuntádevos, diversión garantizada, hehehe... En principio a liga comezará a mediados de outubro, aínda que no blogue oficial podedes ir vendo todas as noticias relacionadas con esta liga. A Conferencia NorLeste xa pode ir tremendo, neses play-offs non o van ter nada fácil ;).
Para apuntarvos mandade un mail a lnbnoroeste@gmail.com, esperámosvos a todos!
Afiade as vosas billardas! Outro deporte é posíbel!!!
Para apuntarvos mandade un mail a lnbnoroeste@gmail.com, esperámosvos a todos!
Afiade as vosas billardas! Outro deporte é posíbel!!!

12 Comentarios:
Gañe quen gañe o importante é xogar e dar a coñecer ese deporte.
2:40 PM
Tiñas que ir convencendo ó Moucho para que escriba algo para os Play-offs.
Entre todos faremos máis País cos que sentan nas poltronas dalgunha consellería.
Toño.
12:49 AM
escríbese o que faga falta... anque aviso de que despois de coroar o rock e comerme o mundo niso penso ser o próximo MVP de billarda.... non tedes nada que facer, hehehe
9:17 AM
Vai arder a Zapateira!!
10:03 PM
paideleo: si, pero unha vez que damos a coñecer o deporte a rivalidade non vai faltar ;)
toño: pois a ver se se anima, hahaha... E sen cobrar, que é admirábel :P
Dos que se sentan nas poltronas non vale a pena comentar nada...
moucho branco: hahaha, non o vas ter fácil! ;) Polo menos garantizo que estarás nunha franquicia gañadora :P
ghanito: claro que si, hahaha! Xa me tarda o comezo da liga ;)
1:28 AM
Ehhhhhh que alguén me explique de que vai isto que son nova, estaba voando por aqui, investigando un pouco como quen di, e non me enterooooo
David sos
8:59 AM
fada branca: benvida!! Pois é un deporte creado polos compañeiros da Conferencia NorLeste (zona da Mariña Luguesa) a partir do xogo tradicional da billarda. Alí xa leva xogándose varias tempadas, e este ano organizouse unha liga para o entorno da Coruña (Conferencia Noroeste) :P
Para máis informacion podes pasarte por O Varal ou polo Blogue Oficial da Conferencia Noroeste.
5:04 AM
Davidicito solo quería saludarte que hace un montón que no me pasaba por aquí, y veo que tu tampoco te pasas demasiado :)
Te esperamos en los Madriles muy pronto. Un besote cielo
2:38 PM
Que é da tua vida??? pasome por aqui e non encontro nada novo?
10:11 AM
indara: pois a ver se un destes fins de semana aparezo por aí, hehehe ;).
Vémonos!!
fada branca: pois comezou o curso e non estiven practicamente nada no blogomillo... Espero retomar un bo ritmo de posts pronto, a ver se o consigo...
Graciñas a todos por pasarvos por aquí!!
1:11 PM
David, que un ratiño terás aind que sea unha vez a semán. Que sepas que cada vez que fago o meu percorrido polos blogues o teu nuna faia, a ver cando hai algo novo.
4:07 PM
david: é verdade, algún tempo para escreber téñoo polo menos unha vez á semana... A ver se consigo facelo... ;)
1:57 PM
Enviar um comentário
<< Home