Diario parcial e tendencioso da Coruña

Segunda-feira, Julho 02, 2007

Contrastes (VI)

Pois aquí tedes outra das xa habituais entregas de Contrastes, que chega cargada de boa música para que todos vós desfrutedes xD

Kussondulola - Tá-se ben na radio
Reggae, Angola
E seguimos co repaso ás grandes cancións do Xabarín Club, hehehe... Agora vamos cunhas das máis míticas, e no meu caso das primeiras que escoitei. Por certo, fai tempo baixeime o recopilatorio deste grupo e aficioneime bastante a eles (e ao reggae en xeral :P)



System of a Down - Chop Suey
Alternative metal, EEUU (orixe armenia)
Fai uns meses engancheime bastante ao Toxicity (1998) e ao Hypnotize (2005), dous dos mellores discos que escoitei en bastante tempo, mais aínda non puxera nada desta excelente banda porque teñen moitos temazos e non sabía cal escoller... xD Ao final decidinme por este que saíu aló no 1998 co seu segundo disco, Toxicity.


Cruachan - The Middle Kingdom
Folk/Celtic Metal, Irlanda
Parece incríbel que este grupo non teña nin un só vídeo decente no Youtube, nen que costase tanto... Se até eu subín un con meu irmán!!! xD Pois iso, unha das mellores bandas de folk metal que coñezo, neste caso con clara influencia celta. Un verdadeiro temazo...



Thin Lizzy - The Boys Are Back In Town
Hard Rock, Irlanda
E agora vamos cun dos grupos máis míticos do rock dos 70, con Phil Lynott ao frente. E este Phil Lynott, que acabou coa súa propia vida (de forma tristemente habitual nos músicos de rock) foi un verdadeiro ídolo no seu país coa súa tan curiosa condición de irlandés negro. Teño que dicir que este grupo que estou descubrindo é do mellor que escoitei en moito tempo...


Fuxan Os Ventos - Cantiga das Encrobas
Folk, Galiza
Puxérame a buscar vídeos deste grupo coa esperanza de atopar esta canción e por desgraza só aparecen tres... De todas formas atopei a que buscaba, e aínda que o vídeo non é unha marabilla trata un tema de bastante actualidade. REGANOSA PERIGO!!!


E por hoxe xa chega, hehehe... Espero que fora do voso agrado ;)
Saúdos!

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo di...

David, polo moi complexo coa escolma ... pero os vellos rockeros siguen. Quedo con Lynott, irlandés con sangue lúsofona.
Un dous meus grupos favoritos, unha das miñas cancións favoritas.
Un saúdo billardista.

10:25 AM

 
Blogger Paralaxe di...

Este Blog está listado no
Directório Paralaxe

6:31 PM

 
Anonymous Uz di...

Kussondulola riguiriguiriguimiusicefiemesterioooooo!!

4:03 AM

 
Blogger moucho branco di...

comor??, alt metal??.... ui, ui, ui, ui.... non te me botes a perder, non te me botes a perder... como se entere Odin de isto.... ai, ai, ai.... por deus que non lle chamen metal a iso, que me sobe a bilirrubina!, nada, xa me sobeu, ;)

5:48 PM

 
Blogger David di...

anónimo: pois eu posíbelmente tamén me quedaría con Thin Lizzy... Bon, eu non sabería cal escoller :D Unha alegría verte por aquí ;)

paralaxe: obrigado!

uz: hahaha! Mítico vídeo :D

moucho branco: é que non sabía como clasificalo... xD Chámanlle metal a moitas cousas, e System non está nada mal... E tanto che sobeu a bilirrubina que xa non opinas de Thin Lizzy e Cruachan? :P Non te me cegues tanto, hahaha...

4:43 AM

 
Blogger 優次 (Yuji) di...

Vaia... Hai reggae en galego? :O
Houbo un tempo no que gustábame moito SOD. As outras bandas non coñecía, pero atopeinas bastante interesantes... Moi ben, home!

7:39 PM

 
Blogger David di...

yuji: en galego si, galego non sei xD
Alégrome de que gostases!

11:05 AM

 

Enviar um comentário

<< Home