Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sexta-feira, Junho 15, 2007

Yngwie Malmsteen, o voso novo Deus

Estaba eu buscando vídeos deste home coa esperanza de que non fosen tan aburridos coma de costume cando atopei este, que non podería definir mellor a miña opinión sobre el. O tipo este paréceme rallante e demasiado subido de fumes, e creo que hai moitos que tocan coma el e non van por aí predicándoo... Aquí está o vídeo en cuestión, adorade a Yngwie ou el virá e acabará con todos vós cravándovos o mástil da súa guitarra nos vosos raquíticos cerebros :P



PS: Espero que alguén non me considere demasiado blasfemo do dogma metálico ;)

4 Comentarios:

Blogger paideleo di...

Cambiando de tema: non creo que vaia saír pienso para koalas porque os eucaliptos de aquí non son da especie que alimenta os koalas. Xa o di un amigo meu; os eucaliptos son árbores tan tontas que nin dan sombra. Ata nin para iso valen os eucaliptos !.

3:09 PM

 
Blogger moucho branco di...

A min gústame Yngwie. Non creo que sexa un mero autómata da dixitación coma Satriani ou Steve Vai, creo que a súa música ten un criterio e unha orientación clara. Estructuralmente imita aos movementos das sinónías clásicas moito mais que aos temas do heavy metal tradicional sobre os que se edificaron as novas correntes do metal europeo, pero ollo!, o power metal débelle moitísimo ás innovacións de Yngwie nos 80´, e iso tamén é certo.
Logo para gustos píntanse cores, segun en que momentos pode chegar a ser cargante que todo o peso das composición recaia en guitarras enormemente cargadas, pero o seu traballo é moi riguroso.

8:47 AM

 
Blogger O Breogán de Gáidil di...

Non é da miña devoción pero, como di Moucho, abríu camiño.

1:00 PM

 
Blogger David di...

paideleo: pois eu non o sabía :D... Pensaba que aínda se poderían montar granxas de koalas, mais non valen nen para iso... Vaia... xD

moucho branco: Quizais sexa mellor tecnicamente que Satriani ou Vai, mais non sei, non é do meu agrado... Tampouco nego as innovacións con respecto ao power metal, que conste :P Para gostos...

o breogán: como xa lle dixen ao moucho niso estou de acordo, mais eu tampouco gosto demasiado del...

2:42 PM

 

Enviar um comentário

<< Home