Diario parcial e tendencioso da Coruña

Quarta-feira, Abril 04, 2007

Contrastes (V)

Pois aquí vai a miña quinta entrega da saga Contrastes, hehehe... Espero que gostedes :D.

Sonata Arctica - Wolf and Raven
Power Metal, Finlandia
Pois aquí tedes outra das grandes bandas de metal escandinavas, hehehe... Escollín esta canción de entre tantas excelentes porque gosto moito da forza que lle imprime ao tema o cantante, especialmente nos primeiros versos. Un dos mellores grupos de Power Metal actuais e cun grande futuro; temos Sonata Arctica por moito tempo :D.


Treixadura e Gaiteiros de Lisboa - Chula da Póvoa
Música Tradicional Galegoportuguesa, Galiza/Portugal
O mellor grupo de música tradicional galega únese ao mellor grupo de música tradicional portuguesa para cantar e demostrar que a cultura é unha, e de paso que mereceu ser considerada Património Imaterial da Humanidade pola Unesco ;).


Ensiferum - Hero in a Dream/Guardians of Fate
Viking Metal, Finlandia
Teño que dicer que o Moucho me aficionou moito a este grupo, e que me empachei uns días atrás a vídeos deles no Youtube :D. Aquí tedes a introducción do concerto e os dous primeiros temas, non teñen desperdicio :D.


Os Diplomáticos de Montealto - Oda ao futbolín
Folk, Galiza
Ai, que grande deporte o futbolín... :D Aquí tedes outro das grandes cancións do Xabarín que están colgadas no Youtube. Cantas veces escoitei eu este temazo, hehehe! :D Pena que os Diplos xa se desfixesen... D.E.P. Alexandre...


AC/DC - Rock & Roll ain't Noise Pollution
Hard Rock, Australia
Para unha das poucas cancións que sei tocar enteiras, que menos que poñela no blogue... :P Boísimo tema cunha letra moi interesante, hehehe... Sen dúbida un dos mellores grupos de rock da historia ;).

Saúdos!

11 Comentarios:

Blogger Paula García di...

Hola David quero facerche unha proposta:

quero facer unha rede de blogs galegos.

Que che parece a idea?

Un saudo:

Paula

1:06 PM

 
Blogger Paula García di...

Olvidouseme de decirche que a rede vai ser no meu blog

1:07 PM

 
Anonymous a randeeira di...

Coñecendo os meus gustos, está clara que non é sorpresa ningunha a miña preferencia por AC/DC.
Boa escolma.

12:06 AM

 
Anonymous moucho_branco di...

tela de vídeos!, sí señor, gústanme todos. Sinalar hoxeún favorito é moi difícil... os diplomáticos son un icono vital, sonata arctica un dos mellores grupos do power actual, e Ensiferum téñenme secuestrado... xenial!, :P

1:50 PM

 
Blogger 優次 (Yuji) di...

Gústanme moito as cancións de Sonata Arctica, sempre levábamas no mp3 nos tempos do bachi.

De rock galego, só coñecía Siniestro Total e Heredeiros da Crus.. O que comentas sobre o Xabarín, por certo, será o Xabarín Club?

E AC/DC, pois que recordos tráeme!

4:40 AM

 
Anonymous Laura di...

David, non lle fagas caso a Laura... que non é tal: realmente, é o seu pai, Blas García, do PSOE da Barbanza.

2:55 PM

 
Blogger O Breogán di...

Xenial a selección. Encántame ver que coa xente nova vén un "revival" do Métal a grande escala.
Un saúdo!

4:42 PM

 
Anonymous a randeeira di...

Quedas convidado no meu blog para facer, se che peta, o cuestionario Proust que tantas voltas da polo blogomillo.

8:33 AM

 
Blogger David di...

paula garcía: non entendo moi ben a que te refires coa rede de blogs galegos... xD Explícame que quere dicir, que estou algo perdido, hehehe...

a randeeira: era de supoñer a quen ías escoller... :D

moucho branco: hehehe! Alégrome de que gostaras :D Eu tampouco sabería a quen escoller...

yuji: pois hai bastantes grupos bós aquí na Galiza :D A ver se un día destes lle dedico unha entrada ao rock galego :P E co do Xabarín acertaches, referíame ao Xabarín Club :D

laura: a que laura non lle debo facer caso? :D Hoxe estou algo perdido...

o breogán: pois intento ir poñendo de cando en vez os grandes clásicos do metal... xD E a respecto do tema da xente nova, por desgraza poucos escoitamos esta nobre música... De todas formas, polo menos no meu entorno, cada día somos máis!!! :P

a randeeira: pois pronto o fago, hehehe... Obrigado pola invitación!! ;)

12:15 PM

 
Anonymous Sabela di...

Como que uns kgs mais de cabelo? Que medoooo!

Nom me vai muito o metal.. Há umha semana vim esta banda portuguesa http://www.myspace.com/hochiminh no concerto dos Ratos de porão em Lisboa. A ver se gostas xD

6:13 AM

 
Blogger David di...

sabela: xa escoitara algo deles, mais a min vaime máis o metal un pouco máis "clásico" xD De todas formas gostei deles, obrigado pola recomendación!

7:00 AM

 

Enviar um comentário

<< Home