Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sábado, Novembro 25, 2006

Contrastes (II)

Pois aquí tedes a segunda entrega da miña saga musical, hehehe. Desfrutade!! ;)

Apocalyptica - Nothing Else Matters

Hoxe comezamos cunha enorme versión do tan famoso tema de Metallica. É incríbel como soan estes finlandeses utilizando unicamente chelos. Precioso.


Obrint Pas - Esperant
Aquí vos deixo a estes valencianos co seu excelente videoclip da canción Esperant. Vai dedicada ao amigo Ferrer. Espero que sexa do teu agrado (e do voso en xeral, hehehe)!


Helloween - I Want Out

Que podo dicir deste grandísimo grupo? Pois unicamente que aquí tedes unha das súas mellores cancións, na que soan tan rockeiros como sempre. Impresionantes.


WarCry - Tú Mismo
Grandísimo tema dunha das, para min, mellores bandas de heavy en español do momento. Esta dedícolla ao meu primo Aitor, que me deu a coñecer este grupo, hehehe.


Berrogüeto - O Sacauntos
Momentazo Xabarín!! Que nostalxia, que recordos... :D O único que podo facer é dar grazas porque alguén pasou o traballo de subir estes vídeos á rede. Teño unto, teño ghraxa, non quero saír da casa... :D

PS: Aínda que todo isto quedará eclipsado pola maqueta que nos adiantou que proximamente sacará o amigo moucho. ;)

Sexta-feira, Novembro 24, 2006

Farenheit 451

Quero ser un home-libro...

Terça-feira, Novembro 21, 2006

Indignación

Se vos digo a verdade, facía tempo que un partido de fútbol non me sentaba tan mal. E non é por perder na casa contra o Celta, senón pola imaxe que demos... Dominamos ata o minuto 30 da segunda parte de maneira clarísima, mais chega o Celta, tira por primeira vez a portería e mete gol. Acabouse o partido. E non é que nós tirásemos moito, mais chegamos á área contraria moito máis que os vigueses... E o peor, a parte de que non teñamos un goleador decente, é que nos metan un gol e nos dediquemos a tirar desde o medio do campo, a ver se metemos... A reacción nos últimos 15 minutos foi nula, e tendo xogadores bastante novos parece que deberíamos atacar con máis forza cá antes...
O de Caparrós aínda é máis penoso... Pon de titular a Arizmendi, que eu non sei se terá sitio no filial, cando está lesionado, de forma que gasta un cambio na 1ª parte sen necesidade ningunha. Ademais, Estoyanoff merece xogar moito máis que o Arizmendi este... Tamén está Lopo, que logo de facer un partidazo tirase descaradamente cando ten unha amarela... Despois está Iago, que coa calidade que ten e nun partido como este debe xogar os 90 minutos. O tema do Taborda xa é un caso á parte, mellor diso xa non opino...
Pois iso, en Balaídos saldáremos esta débeda con sangue, MUHAHAHAHAHA...
FORZA DÉPOR!
PS: Como xa saberedes, houbo un acertante na porra do partido, hehehe. Parabéns, David!! ;)

Sábado, Novembro 18, 2006

De festa no parque!

Como algúns de vós me pedistes que me gravase co bodhran, acordeime de que tiña uns vídeos deste verán nos que estamos meu irmán e eu tocando no Parque de Santa Margarida. Fáltanos moita práctica, mais faise o que se pode, hehehe. Así que mentres non grave algo co bodhran, déixovos este vídeo no que estamos a tocar a Muiñeira de Valdeferreiros. Para o ano que vén preséntamonos ao Runas!! ^^

Sexta-feira, Novembro 17, 2006

Volve o clásico!!

Despois do enorme partido contra o Barça e do tostón co Nástic, volve o clásico galego, ao que os dous clubes chegan nun momento de xogo bastante malo... Como vén sendo habitual, vou facer unha porra na que espero que participedes, hehehe. Eu aposto por un 3-0 para o Dépor, xa que sempre nos crecemos nestes partidos... :D
FORZA DÉPOR!!
P.D: Déixovos un regalo para a vista do malabarista máis grande que o Dépor tivo nunca. E precisamente fixo isto contra o Celta, hehehehe. Enorme Djalma!!!


Sábado, Novembro 11, 2006

Samaín na Cidade Vella

Hoxe, ás cinco da tarde, comeza a celebración do III Samaín-Magosto na Praza da Fariña! Non é o día exacto de celebrarse, mais por diversas razóns non se puido facer antes. Organízano a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Veciños da Cidade Vella. Aviso con moi pouca antelación, mais se podedes e estades interesados pasádevos por alí ao longo da tarde. Haberá castañas, viño e queimada a prezos populares!! ;) Eu estarei "traballando" nos obradoiros, así que espero vervos a todos por alí! :D
Saúdos!
PS: Se non sabedes onde está a praza, podédela buscar neste mapa da Coruña. ;)

Domingo, Novembro 05, 2006

Volta ao rego

Hoxe, por fin, regreso deste parón de case un mes debido á cantidade de exames que estou tendo. O que aínda non consigo entender é a razón pola que a maioría dos profesores se interesan en cargar dúas semanas con todos os exames, se hai tempo suficiente para non agobiarnos... Tanto ten, é unha destas dúbidas que non ten resposta lóxica... ;) Volvendo ao tema, debo dicirvos que regreso con máis forza aínda e espero postear máis a miudo, hehehe.
Téñovos que comentar que levo xa máis de un mes indo a un curso de bodhran na Repichoca, e que xa aprendín algunha que outra cousa... :D Onte tivemos clase e o profesor trouxo a un rapaz que toca a flauta traveseira, o whistle e a requinta. Estivemos tocando bastante tempo, e ao final acabounos saíndo bastante ben Irish Jig, de Gwendal :). Aprendemos moito e ademais pasámolo moi ben, hehehe.
Este bodhran da foto fíxoo o meu profesor, Pablo. Ficou bonito, verdade? :D Temos un profe que non o merecemos, hehehe.
Déixovos cunha verdadeira exhibición do que é tocar o bodhran. O percusionista é Puru, do grupo asturiano Corquiéu. ;)

Saúdos!