Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sábado, Setembro 23, 2006

Asturies - Galiza

Mañán debuta en Piyarnu a selección galega de billarda! Eu, por desgraza, non poderei ir, mais se podedes asistir non volo perdades.

Outro deporte é posíbel!!!

Terça-feira, Setembro 12, 2006

A polo ghit!!! (II)

Pois xa temos a canción gañadora do concurso! É In the ocean, de Pulpiño Viascón. Non é a miña favorita, mais non me queda máis que aceptala decisión deste entendido xurado. :D
Esta foi a clasificación final:
1º.- In the ocean, de Pulpiño Viascón.
2º.- Kalindra Xida, da Banda Potemkin
3º.- A ruta do colesterol, da banda da señorita e Tomasa.
4º.-Sandra Dee, de The Homens.
5º.-A das festas, de Guezos.
Para min deberían ser finalistas 5 destas 9 cancións (non consigo decidirme, eu non podería formar parte do xurado :D):
- A min non t b´s, de Zimmer 103.
- Marquinhos, de La Sonora Callejera.
- Kinston-Santiago, dos Transilvanians.
- Kalindra Xida, da Banda Potemkin.
- A das festas, dos Guezos.
- Sandra Dee, de The Homens.
- A marcha dos cheíñas, de Vaamonde, Lores e Romero.
- Como os caranguejos, de Projecto Mourente.
- A cabra makabra, dos Festicultores Troupe.
Non inclúo nestas favoritas a Markinhos Drinkin, co seu Iogur de fresa, e ao Leo, coa Cançión do vagho, aínda que serían as gañadoras na categoría humorística, hehe.
Un saúdo!

Sexta-feira, Setembro 08, 2006

A polo ghit!!!

Mañán ás 11:00, no Extrarradio da TVG, decídese cal é a canción vencedora do concurso A polo ghit! Agora marcho para Vigo, mais o luns ou o martes dareivos ás miñas impresións sobre a decisión do xurado formado por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei.
Un saúdo!

Sábado, Setembro 02, 2006

100 posts!!!

Este é o meu post número 100! Viva!! xD
Cando comecei con isto do blogue non agardaba chegar a esta cifra, mais aquí me tedes! ;) Para celebralo, poñerei unha foto da torta de cabelo de anxo que fixo a miña avoa hoxe pola mañán :D.


Ademais, cambio a foto que tiña de imaxe no blogue por unha dunha pataca moi curiosa que atopou miña nai na colleita do ano pasado, á que si asistín, hehe.
Agradézovos moito a todos a vosa fidelidade visitando o meu blog!
Un saúdo
David

Nota: Se vos interesa a receita, non tedes máis que pedila. ;)

Preguiceiro...

Pois si, ultimamente ando un pouco preguiceiro co de escribir no blogue... Non é por que non tivese cousas que contar, mais estes días non me daba posto para escribir nada. Ultimamente dedícome, entre outras cousas, a ver o Mundial de baloncesto, a Volta a España ou a ler Naruto, aínda que tamén fun á Feira do Libro e á do Comic cuns amigos. Ah, e eu tamén safei de ir apañar as patacas grazas ao retraso de meu irmán ao volver de Alemaña, hehe.
Ademais, o xoves aburríame e como meu irmán ía para Vigo marchei con el no tren. O día seguinte vin o Grecia - EEUU de basket na casa, despois baixamos a almorzar a unha pastelería e ao acabar fomos andando cara a estación. Como nos collían de camiño paramos nunha tenda de Norma Editorial e noutra d'A Vaca Láctea. Na d'A Vaca Láctea comprei unha chapa do mestre Mutenrohi moi simpática :D. Despois collemos uns bocadillos e reunímonos con miña nai na estación. No tren de camiño á Coruña os tres comemos os bocadillos mentres viamos as consecuencias dos incendios. Ao pasar por Caldas vimos a menos de 200 m o incendio que provocou unha empresa química. Era impresionante! Ao chegar á Coruña baixei a dar unha volta cuns amigos e un deles deixoume os tomos 6 e 7 de Naruto. Estou enganchado a esa serie! :D
Un saúdo!
PS. Onte encestei unha servilleta desde o chan nun vaso que estaba enriba da mesa a 3 metros de distancia. Por que non estarei no Xapón? ;)