Diario parcial e tendencioso da Coruña

Segunda-feira, Agosto 14, 2006

Dépor 3 - 1 Milan

Onte fun ver a final do Trofeo Teresa Herrera a Riazor, na que o Deportivo se impuxo ao Milan por 3 - 1. Bon, en realidade tamén vimos o 3º e 4º posto case enteiro, xa que a entrada incluía obligatoriamente os dous partidos...
Antes de comezar, chegaron un rapaz e dúas rapazas belgas moi simpáticos que animaban ao Milan porque lles gostaba Kaká. Falei algo con eles no meu simple inglés e dixéronme que A Coruña lles parecera moi bonita e que eran de Antwerpen (Amberes), a segunda cidade mais grande de Bélxica.
No que respecta ao partido, o Dépor (coa maioría dos convocados acabados de fichar) deulle un repaso ao Milan (con todos os titulares excepto Dida), que só puido marcar nun penalti máis que dudoso. Co 3-1, os belgas xa animaban ao Deportivo coma os demáis :D. Este equipo promete... ;)
Un saúdo

Quarta-feira, Agosto 09, 2006

Arde Galiza

Estamos vivindo unha das peores catástrofes ecolóxicas da nosa historia (polo menos da miña), e o peor é que non se lle encontra solución. Non se coñecen os oscuros propósitos que están facendo que o noso monte arda dunha forma como esta. Hai tantas preguntas para tan poucas respostas... Xa hai tres mortos, mais algo me di que a cifra vai subir. Hai que facer algo xa!
NUNCA MÁIS! O NOSO MONTE IMPORTA!
PD: Se queredes informarvos ou colaborar, podedes chamar ao 900 400 800.