Diario parcial e tendencioso da Coruña

Segunda-feira, Março 27, 2006

Espectáculo na Zapateira!!

Onte foi un día histórico: na Zapateira debutou a selección galega de billarda!!! Fun con meu pai e meu irmán a ver o partido. Aínda máis, eu puiden desputar o All Stars coa equipa do oeste! Puiden coñecer en persoa aos xogadores da LNB e mesmo competir contra algúns deles! E por se fose pouco, fun entrevistado en directo por Cuac Fm! Foi algo inolvidábel!! Xa estou esperando a que a LNB volva á Coruña. Para cando veñan xa saberei xogar algo mellor, xa que me regalaron un palán e unha billarda!! Ademais, alguén tamén me deu o xersei oficial da selección de billarda!! Volvede canto antes!


Esta é, sen dúbida, a mellor exclusiva da historia de Tele-Varal, grazas por estar aí!! Nós non queríamos a bandeira, a natureza deunos a razón! ;-D
Outro deporte é posíbel!!!
P.D: Cando poida poñerei algunha foto do partido...

Sábado, Março 25, 2006

All Stars LNB

Mañán vou con meu irmán á Zapateira a ver debutar á auténtica, a selección nacional de Billarda. Por fin poderei ver o espectáculo da LNB en directo!! Será ás 16:00, aínda que se queredes ver todo o programa aquí vos vai unha ligazón ao anuncio da festa.

Onte puxéronme o aparato de abaixo. Doéme, mais vouno aguantando... Agora quédame algo mais de ano e medio para que mo quiten. Co caro que é espero que polo menos me quede ben a boca...

Vémonos mañán na Zapateira!!

Terça-feira, Março 21, 2006

One month later...

Xa fai un mes que non escribía nada no blogue, e non foi por non ter nada que contar, senón polos numerosos exames que tiven (batalla da que saín victorioso, por outra parte ;-D). Agora que acabei espero escribir máis a miúdo.
Nestes 30 días, entre outras cousas, cumplín 14 anos, contemplei de maneira impotente a penosa eliminación do Dépor contra o Espanyol en semifinais da Copa, vin o nacemento da Inciclopedia (a nova Frikipedia), entereime de que posíbelmente a LNB estea por primeira vez na Coruña, disfrazeime de mineiro polo Entroido, souben que os aduaneiros cumpliron dous anos o día do meu 14º aniversario, tamén me enterei de que vai nacer un acedriñ@, e un longo etcétera de aventuras e desventuras...
Pois iso, aínda sigo por aquí dando guerra... ;)