Paco no Vaticano
Aquí vos poño un texto e unha foto que me mandou o meu amigo Roi por e-mail. A ver se o convenzo para que faga un blogue... ;-D
Moitos rumores apuntan que Paco Vázquez quere facer algúns pequenos cambios no Vaticano. Estes rumores aumentaron nos últimos días cando un periodista entrou no seu despacho e pillou unha fotomontaxe que estaba sobre a mesa. Paco, fiel ao seu estilo, quería implantar algunha que outra cousa na antiga praza de San Pedro. O Papavento XVI aínda non se pronunciou sobre o tema... ;)
