Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sábado, Novembro 26, 2005

Outra vez será... :(

Pois non houbo sorte... O noso património non foi declarado Obra mestra da Humanidade. A noticia podédela ver en Vieiros. Agora o que hai que facer é ser optimistas ;-). Para a próxima vai!
Até outra.
David

Harry Potter e o príncipe misterioso!

Isto é un irmán e o demáis son tonterías xD! Mirade o que me regalou!!!



















Hoxe acabei de ler o Portal dos Elfos (outro agasallo, desta volta de parte do meu pai xD), o primeiro libro dunha triloxía escrita por Herbie Brennan. Está moi ben, recoméndoo. Agora vou comezar a ler Harry Potter e o Príncipe Misterioso Así tamén aprendo mellor o portugués, que creo que é unha das finalidades deste presente ;-D. Os outros siguen inmersos na súa Galaxia...
Pola tarde vou debutar na liga de fútebol sala, e tamén xogarei de can-cervexeiro xD. A ver que tal o fago... Xa vos contarei.
Despois do partido vou con dous amigos ver a cuarta de Harry Potter. A novela tiña bastante acción, así que penso que o filme estará polo menos entretido.
E por fin volta o Xabarín Club ás tardes. E botan Os Tolos do Volante!!! O mellor é Paspán xD!







Para os que non saibades que serie é, aquí está o seu argumento.
Vou comezar o libro, que xa estou impaciente ;)!
Saúdos
David
P.D: Dentro de pouco, o meu personaxe de South Park nesta mesma páxina xD! Aquí e aquí tedes dous modelos deste tipo e aquí poderedes facer o voso. Animádevos ;-)!

Segunda-feira, Novembro 21, 2005

Património

Faltan 4 días para que se decida se o Património Imaterial Galego-Portugués é declarado Obra Mestra da Humanidade. Aquí podedes asinar a favor desta candidatura. Eu xa o fixen!