Diario parcial e tendencioso da Coruña

Terça-feira, Agosto 30, 2005

Harry Potter en galego II

A resposta enviada por Galaxia ás 14:44 foi esta:

Quen te podería contestar sería Salamandra, xa que os libros non salen antes por culpa deles.
Saúdos,
Loli

Así que eu, ás 21:55, dirixinme a Salamandra con este mail:


Estimad@s señor@s:
Me gustaría saber por qué la edición en gallego de los libros de Harry Potter tarda varios años más en ser publicada que las ediciones en castellano y catalán. He escrito a la Editorial Galaxia, que publica los libros de Harry Potter en gallego, y me han dicho que debería preguntar eso a Ediciones Salamandra. El retraso en publicar la edición en gallego hace que los lectores gallegos tengamos que comprar la edición portuguesa, que sale antes incluso que la edición en castellano.
Publicaré en mi blog (davidfontan.blogspot.com) esta carta y también la respuesta que me envíen.
Un saludo
David Fontán Bestilleiro
Proximamente, na mesma canle, á mesma hora, a terceira parte do culebrón Harry Potter en Galego.
Un saúdo
David

Que curto é o verán!!! :-(

Canto tempo sen escribir! Levo un verán moi activo, polo que non tiven moito tempo para escribir no blog. A viaxe á Ribeira Sacra estivo moi ben, mais non escribirei o que fixemos, senón que máis adiante poñerei as fotos. Así tamén se entende mellor. Se cadra tamén poño algunhas dos Picos de Europa. Como moitos de vós xa saberedes, meu irmán non encontrou traballo na Escocia. Aínda así, trouxome a camisola do Celtic deste ano e un libro titulado Scottish Ghost Stories. Que ben!!! Tamén aproveito para dicir que antonte se cumpliron dez anos da morte de Michael Ende, para min un dos mellores escritores. Se aínda non lestes ningún libro del, espero que o fagades pronto ;-D.
O outro día fomos apañar as patacas a Cerceda, e para aforrar traballo dígovos que entredes no blog de meu irmán, onde todo está moi ben relatado ;-D. Había unha pataca tan psicodélica (como di Austin Power xD), que por certo apañou miña nai, que recibiu unha intensa sesión de fotos ;-). Xa poñerei algunha. Xusto o día anterior botaban en Antena3 o Domino Day, que encontraredes explicado na wikipedia. E quen o ía presentar? O grande, o magnífico, Carlos Sobera!!! xD. Era á 1:45 a.m., así que á 1:30 durmín. Ao día seguinte miña nai espertoume ás 7:30!!! para ir apañar as patacas. Menos mal que están boas, que se non...
Hoxe fun facerme socio da Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, que me queda ao lado da casa. Fai anos que tiña ganas de ir, mais nunca fixera o carnet. Dixeron que mo darían nunha semana, a ver se é verdade.
Cambiando de tema, o outro día saiu unha entrevista na Voz a Foxo, que tamén está comentada no blog do meu irmán, sobre as gaitas marciais. Aconsellovos que a leades para ver as burradas que di este home. Moléstame moito o pouco aprecio que moitas veces se lle da ao tamboril na música galega; claro exemplo disto é que non reciba nen unha mención na entrevista da Voz. Recordemos que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense está formada pola percusión de plástico (marca Premier) e está percutida por mazas, cousa ao meu entender pouco tradicional. A gaita, aínda que pareza que non, non é o mesmo soa que ben acompañada por un tamboril de coiro percutido por unhas boas baquetas.
Un saúdo
David

Harry Potter en galego

Hoxe enviei este correo á editorial Galaxia. Colocarei tamén a súa resposta cando ma envíen.
Un saúdo
David

Estimad@s señor@s:
Escríbolles para pregúntarlles por que as edicións de Harry Potter en galego tardan varios anos máis en editarse que as edicións en castelán. Se na Galiza se puxeran á venta antes as edicións en galego que en castelán, aquí venderíanse moitos máis libros en galego porque @s nen@s non quererían agardar a que saíse en castelán. Desta maneira, tamén se fomentaría moito o galego entre @s rapaz@s. Como na editorial Salamandra din que o libro en castelán se publicará "en su debido momento", non nos queda máis remedio que comprar o libro en inglés ou portugués, porque saen moito antes.
Vou publicar este mail no meu blog(davidfontan.blogspot.com) e tamén publicarei a resposta que me envíen.
Un saúdo
David Fontán Bestilleiro

Segunda-feira, Agosto 01, 2005

De viaxe á Ribeira Sacra!

O mércores marcho a coñecer a Ribeira Sacra!!! Din que é moi bonito. Imos ir 9 persoas, e volveremos o domingo. Durmiremos na Casa Rural Solveira, en Sober. Xa vos contarei cando volvamos os sitios que visitamos.
Txau!!!
David
P.D: Se coñecedes algún sitio pola zona que mereza ser visitado (aínda que estea un pouco lonxe), poñédeo nun comentario, por favor. Graciñas ;-).

Campus do Club del Mar

Como xa vos dixen anteriormente, estiven os últimos días no Campus do Club del Mar. Alí fixen badminton, pim-pom (con un profesor chino campeón do mundo!!!), fútbol sala, xogos, vela, natación, apnea, buceo con botellas de osíxeno, pesca fondeada, béisbol, probas de condición física, visitamos a Fundación Barrié, a Fundación Caixa Galicia e as Fragas do Eume... Estivo moi ben. O horario era desde as 10:00 até as 19:00 (durmíamos na casa), e fomos desde o día 15 até o 29 (exceptuando as fins de semana). O día 26 enfermei e tiven que marchar para a casa antes, e o 27 non puiden ir; xusto o día no que houbo buceo con botellas no mar e houbo a visita á Fundación Caixa Galicia. Perdinme o buceo, que era o que máis ganas tiña de facer! E ademáis no mar! Mais, que se lle vai facer... Fixemos cousas moi variadas, e pasámolo moi ben.
Un saúdo
David