Diario parcial e tendencioso da Coruña

Domingo, Junho 26, 2005

Marcho ás terras dos astures!

Non escribirei no blogue durante esta semana porque o luns marcho de excursión aos Picos de Europa coa escola da miña nai! Van ir alí de excursión de fin de curso os profesores e os alumnos e eu vou ir con eles ;-D. Marcharemos o luns e volveremos o venres. Este será o programa:
1º día: Saída.
2º día: Ruta Sotres-Bulnes-Poncebos.
3º día: Ruta do Cares: Posada de Valdeón-Poncebos
4º día: Ruta Lagos de Covadonga-Pico Jultayu
5º día:Visita a Cudillero e volta
Camiñaremos 7 horas diarias; veremos se resisto o viaxe xD. Durmiremos nun camping con bungalows e piscina.
Á volta xa vos contarei as miñas aventuras :-).
Un saúdo
David
P.D: Vin hoxe os vídeos de Hai Que Botalos. Están moi ben, aconséllovos que os vexades se é que aínda non o fixestes ;-).

Segunda-feira, Junho 20, 2005

Vaia país de merda!!!

Isto é totalmente incompresible. Non o entendo. Durante o mandato de Fraga, por exemplo, tiveron que emigrar unhas 300.000 persoas: demostrouse a incompetencia do goberno en incontables ocasións.
Ninguén se acorda xa do Prestige??? Tería que vir outro Prestige para que Galiza esperte??? Guíamonos por catástrofes ecolóxicas? É para sentir vergoña! Parécevos normal estar gobernados por unha persoa que en novembro cumpre 83 anos (Fraga)? Parécevos normal que un país esté gobernado por alguén que non fala a súa propia lingua (Torito)? A min non.
Nos tempos de Franco o señor Fraga estaba de acordo con que se colgasen carteis con "No hable gallego. No sea bárbaro.", mentres que agora presume de galeguista; negouse a que lle adicasen unha rúa a Castelao, e agora entrega as medallas Castelao... Podería seguir até aburrirvos. É moi triste! :-( E o BNG 13 escanos, mentres que o PP 37 e o PSOE 25. E agora os netos dos emigrantes, que posiblemente nunca pisaron Galiza, van decidir sobre o noso futuro, mentres que os que levan un par de anos noutro lugar de España e os mariñeiros que están embarcados non poden facelo.
Esperemos que os emigrantes non lle den o goberno ao PP.
En definitiva, unha vergoña.
Un saúdo
David
P.D: Os dous posts de onte foron totalmente infructuosos: a mudanza parece que non chega, e a carreira...xa vistes o que pasou coa carreira.


Domingo, Junho 19, 2005

G.P. de Indianápolis!

Hoxe dispútase o G.P. dos EUA. O circuito está moi ben, pero a pista está moi sucia porque fan alí as carreiras da Nascar. É unha forma de estragar o circuito de F-1.
Trulli ten a pole, Kimi sae segundo, Button terceiro, Fisichella cuarto, Schumacher quinto, Alonso sexto e Barrichello sétimo.
Preséntase interesante, pero iso pasa con todos :-)
Veremos o que pasa ás 20:00
Un saúdo!
David
PS. O presidente da federación da F-1 dixo que non cría que Danica Patrick conducise tan ben na Indy Racing League, unha das antesalas da F-1, e que debería estar vestida de branco como os outros electrodomésticos. Canto impresentable hai no mundo :-(

Eleccións: Esperamos unha mudanza!

Fai tempo que non escribo porque tiven exames día tras día (batalla da que saín victorioso, por outra parte). Aprobei todo e con boa nota!!! ;-)
Hoxe hai eleccións galegas, veremos o que ocorre. Polo menos eu e os outros menores de idade non teremos a culpa de que nos goberne un dinosauro, un torito... :-D
Pois iso, esperamos a mudanza, pero non para peor xD.
Txau!!!
David