Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sábado, Maio 21, 2005

Mañá vou ver Star Wars!!!

Maña ás 12:00 p.m vou (por fin) ver a III de Star Wars. Os críticos din que está moi ben, xa vos contarei que tal está.
Ás 14:00 p.m comeza o G.P de Mónaco. É o único circuito urbano e un dos máis emocionantes. Eu non vou poder velo en directo, pero miña prima vaimo gravar. Seguro que está moi ben, é haberá moitos accidentes. É un circuito moi perigoso.
Marcho para cear, meus queridos padawans :-)
Txau!!!
David

Terça-feira, Maio 17, 2005

Día das Letras Galegas

Como xa saberedes, hoxe é o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Lorenzo Varela. Eu fixen un mural na escola e... milagro!!! Non nos quedaron as letras máis pequenas ao final xD!!! Saíunos bastante ben. Nesta páxina poderedes ler a súa biografía e as súas obras máis importantes: bvg.udc.es
Un saúdo
David

Feira Solidaria

O 23 de abril celebrouse na escola a feira solidaria. Era voluntario e podía ir quen quixera. Alí había moitas cousas: xogos, obradoiros, exhibicións... Tamén podías mercar obxectos artesanais, participar nunha tómbola (sempre tocaba) e mercar bebidas na taberna ou obxectos subastados. Había dous concursos: concurso de rally de coches teledirixidos e concurso gastronómico.
Eu participei no gastronómico na categoría de biscoito. O biscoito fíxoo a miña avoa e gañou o 1º premio! Unha pequena parte do biscoito ía para o xurado e a outra cortábase en porcións que se vendían a 50 cts. Eu probei o que levei eu e sabía máis ben... xD. Díxome a que estaba vendéndoos que todos pedían o da miña avoa e cando se acabou enganaban á xente dicindo que era o noso e dándolle doutro biscoito. E iso que miña avoa dicía que non lle saira ben, que se lle chega saír... xD!. É que a avoa cociña que é moito :-D, verdade Iván ;-D?. Déronme un diploma é un prato cunha culler e un garfo gravados. Eran todos de madeira.
Houbo unha exhibición dos bombeiros na que te subían nunha escada enorme e desde alí vías toda A Coruña, Mera e outras zonas cercanas... Tamén había unha mangueira para que os pequenos xogasen. A outra exhibición foi de capoeira. Foi impresionante!!! Era un grupo brasileiro de capoeira que estaba na Coruña ensinándolle á xente de aquí como se fan esas artes brasileiras. Eu nunca vira ningunha exhibición de capoeira e encantoume. Había un home que tocaba un instrumento de percusión do Brasil que nunca vira. Estivo moi ben todo.
Un saúdo
David

Domingo, Maio 08, 2005

F-1

O G.P. de San Marino aclarou moitas cousas. Quedou aclarada a calidade de F. Alonso con esa demostración de defensa aguántando 12 voltas con Michael pegado, e quedou aclarado que M. Schumacher non está acabado con esa demostración de ataque que deu saíndo 13º e acabando 2º.
Nas 4 primeiras líneas do G.P. de España están 1º Kimi Raikonen, 2º Mark Webber, 3º Fernando Alonso, 4º Ralf Schumacher, 5º Jarno Trulli, 6º Giancarlo Fisichella, 7º Juan Pablo Montoya e 8º Michael Schumacher. Nick Heidfield e Rubens Barrichelo saen desde a última línea porque cambiaron o motor e os Bar-Honda non correrán nesta carreira nin na seguinte por culpa da sanción imposta pola federación. Veremos o que nos depara esta 5º e interesante carreira.