Diario parcial e tendencioso da Coruña

Terça-feira, Abril 26, 2005

Actuación de Cántigas II

Como xa sabedes, o sábado 16 foi a estrea da Banda de cántigas da Terra. A actuación estivo moi ben, e compúxose destas pezas:
1.-Pandeirada do Naseiro
2.-Cantiga mareira (con baile)
3.-Pasodobre dos Matos
4.-Muiñeira Vella de Mórdomo
5.-Tocata de gaita ao altar (con zanfona)
6.-Valse Tradicional
7.-Pasacorredoiras de Ponteareas
8.-Xota dos Mariñeiros
9.-Pasodobre de Guisoi
10.-Danza do Entrenzado-Xota de Neaño (con zanfona)
11.-Muiñeira do Areal
12.-Xota dos Campaneiros (con baile)
13.-Miñas cousas
14.-Muiñeira das Mariñas (con baile)
Asistiu o noso numeroso público de familiares :-D, foi unha pena que non nos vise máis xente :-(.
Tocaron a zanfona 3 persoas, e as pezas foron preciosas. É unha verdadeira pena que este instrumento, cun son tan bonito, estea practicamente desaparecido :-(. É de agradecer que algunha xente aínda a siga fabricando e tocando :-). Bailaron 3 parellas moi ben, e fixeron que a actuación non fose tan monótona. Eu toquei tódalas pezas excepto as de zanfona, que as tocaron 3 zanfonas, 1 tambor, 1 bombo e 1 gaita. Fomos todos co traxe tradicional, xa poñerei aquí unha foto na que saio con el. En xeral, estivo moi ben.
Por certo, cobraron a 3 euros a entrada, que malvados :-D.
Déixovos, outro día contareivos o que me pasou o día 23 na Feira Solidaria da escola.
Un saúdo
David

Quinta-feira, Abril 14, 2005

Actuación de Cántigas

Cheguei agora mesmo de ensaiar no Forum porque cambiou a data da actuación de Cántigas e tocamos este sábado. Nun post anterior puxen que actuación era o 2 de abril, pero cambiouse para o día 16. Fomos hoxe ensaiar ao Forum para ver como quedaría todo e mañán volvemos ensaiar, pero no local de Cántigas. Así que xa sabedes, o sábado ás 8:00 quérovos ver a todos no Forum Metropolitano:-D! Ademais a entrada é gratuita, así que tedes máis motivos para vir xD. Déixovos, que teño que ir cear.
Txau!
David