Domingo, Março 27, 2005
Sexta-feira, Março 25, 2005
Outra vez en Vigo
Estou en Vigo, pero esta vez non estou perdendo clase. Agora estou cunhas vacacións de curta duración (viñemos o xoves e marcharemos o domingo). Viñemos a miña avoa, os meus pais e eu.
Meu irmán está pasando a Semana Santa en terras itálicas. Foi a Roma, a Pescara e aos sitios próximos. Poderedes ver o que viviu en Italia no seu blog. Onte fomos dar unha volta por Vigo e vimos a procesión. É a primeira que vexo desde cerca, porque a de Ponferrada vina desde unha torre. Cando a vin dixen que era como a Cabalgata dos Reis pero sen caramelos (e sen camelos :D) A min nunca me gustaron. Eu víaas de pequeno na tele e tíñalles medo aos capuchóns. Parécenme do Ku-Klux-Klan :-D.
Hoxe estiven vendo blogues que saen en Blogaliza e algúns que teño apuntados entre os meus enderezos. En "blogaliza" aparecen enderezos de blogues que pon a xente da Galiza para que os que visitan esta páxina os vexan. Despois do xantar fomos cun compañeiro do traballo do meu pai e coa súa muller ao paseo de Samil para que o coñecesen. Alí vin a un amigo da Coruña e a outro da Laracha. Parece que todos aproveitamos estes días para vir ao sur, aínda que sempre que vimos chove e fai mal tempo. Este fenómeno tería que ser investigado polos científicos de todo o planeta :-). Tamén fomos dar un paseo polo Náutico, polo Berbés, pola Rúa dos Cesteiros, pola praza de Compostela...
Nesta praza está o Mesón Compostela, onde tomamos unhas tapas (moi boas, por certo). Logo estes amigos marcharon para a Coruña e nós viñemos para a casa.
Mañá imos ir a Portugal (ao Porto, concretamente). Marcharemos pola mañá, xantaremos co típico bacallau e recolleremos a Iván no aeroporto. Pedinlle que me trouxera a bufanda da Roma ou do Pescara. Xa verei cal me trae. Posiblemente colocarei aquí unha foto na que saia con ela.
Por hoxe xa chega, outro día contarei máis.
Un saúdo (ou dous xD)
David
Domingo, Março 20, 2005
Noticias parvas
Aquí tedes unhas noticias que me causaron un especial impacto (están tal e como aparecían no periódico "La Voz de Galicia"):
Apuesta que un detonador no estallaría en su boca y pierde
IMPRUDENTE RETO EN HANOI
Un hombre de 21 años murió en Hanoi al estallar un detonador que introdujo en su boca, tras asegurar a sus amigos que el instrumento no haría explosión. La víctima, Nguyen Van Hao, estaba en su casa bebiendo con unos amigos cuando uno de ellos mostró un pequeño y oxidado detonador -de unos seis centímetros de largo y 80 milimetros de diámetro- que acababa de comprar. Van Hao le dijo que no estallaría y para demostrarlo se lo metió en la boca y pidió a uno de sus amigos que conectara los terminales a una toma de corriente.
Hao falleció poco después de ser llevado a un hospital tras la explosión.
Ahora la comisaría del distrito capitalino de Tu Liem, donde se produjo el incidente, se encarga de estudiar este singular caso.
Non sei se calificar esta historia no xénero cómico ou no tráxico...
Una familia guardaba al abuelo muerto para recibir regalos
UN LUSTRO DE MENTIRAS, DESTAPADO
La policía japonesa ha encontrado el cuerpo momificado de un hombre de 107 años de edad en su casa con un kimono limpio, pese a que estaba muerto desde hace entre cinco y diez años, ya que la familia lo conservaba para recibir regalos.
Tumbado boca abajo en la cama, el cuerpo de Kyujiro Kaneoka fue descubierto en Itame, a cuatrocientos kilómetros al oeste de Tokio, después de que su sobrino avisara a la policía el lunes.
El Ayuntamiento daba cada año 215 euros en dinero a la familia -en la que hay tres niños- y una manta de cachemira valorada en 150 por los consecutivos años del centenario. Eso sí, los funcionarios no habían visto al señor porque les decían que estaba muy enfermo y no podía levantarse de la cama.
Como dicía o outro: En dos palabras: Im-presionante.
Un italiano se corta el dedo pulgar para cobrar el seguro
INDEMNIZACIONES
Un italiano de 45 años se cortó el dedo pulgar de la mano izquierda para poder cobrar la indemnización de 400.000 euros que tenía estipulada con su aseguradora.
El intento de fraude no tuvo éxito, ya que el individuo fue detenido por la Guardia de Finanzas (policía fiscal) de la región de Friuli, al noreste del país, que le relaciona con una organización de estafadores sometida a vigilancia policial.
Esa banda se dedicaba a estafar a compañías de seguros y sucursales de entidades de crédito situadas en diversas zonas de Italia y había logrado un botín de 1.7 millones de euros. A su cabeza figuraba un directivo de banca que, aprovechándose de su posición, abría cuentas corrientes y tarjetas de crédito con documentos falsos que se utilizaban para llevar a cabo los fraudes.
1.7 millóns de euros! Que cousa!
Desde A Coruña, sen máis noticias parvas que contar:
Ata outra!
David
Segunda-feira, Março 14, 2005
Perdendo clase
O día 5 deste mes cumprín 13 anos!!! Fun cuns compañeiros ao cine a ver "Descubrindo Nunca Xamais", unha gran película. Despois fomos merendar a Pizza Móvil e, por último, á sala de xogos. Pasámolo moi ben.
Hoxe estiven facendo os deberes (xa podedes perder a envexa que collestes polas miñas vacacións) e xogando ao "Ford Racing 3"(un dos meus regalos de aniversario). Pola tarde paseamos por Vigo e fomos ver, nunha cafetería, a unha antiga compañeira do meu pai en Huesca. Facía 33 anos que non se vían!!! Tamén fun co meu irmán ao Local Social Revolta de Vigo, e regaloume unha chapa moi bonita que pon "REVOLTA" e que ten un trisquel de cor laranxa. Despois de cear púxenme a escribir no meu blog (canto tempo levaba sen facer isto) e máis tarde aínda non sei que farei.
Un saúdo
David

