Continuación...
Queridos lectores:
Perdoádeme pola miña tardanza en escribir, pero tiven moitos exames e moi pouco tempo para facer cousas importantes (escribir textos no blog, xogar á Play Station, xogar ao ordenador...).
O único que fixen para divertirme foi ler Eragon, un libro estupendo para os amantes dos libros do estilo O Señor dos Aneis, entre os cales me conto. Este libro forma parte dunha triloxía chamada O Legado (o segundo libro chamárase Eldest e o terceiro non teño nin idea). De Eragon vaise facer unha película, pero como moitas outras sairá máis tarde aquí que nos Estados Unidos. Mirade o pouco tempo libre do que gocei, que tiven que aproveitar o Entroido para desfrutar deste libro porque pola semana non podía por culpa dos estudos.
Durante este tempo pasáronme moitas cousas que vos vou ir contando pouco a pouco. Supoño que coñeceredes Cántigas da Terra, onde eu aprendo a tocar o tambor e ás veces o pandeiro e o bombo. Dígovos isto porque teñen pensado en Cántigas estrear en público a banda que acaban de crear e... da que formo parte! A estrea posiblemente será o 2 de abril no Forum, aínda que eu penso que sería mellor estreala o 1 de abril porque o coro foi estreado o 28 de decembro e así as festas serían o día dos Inocentes e o día das Mentiras.
Eu estou esperando ansiosamente que empece o Campeonato Mundial de F1 e que estreen o terceiro episodio da Guerra das Galaxias (agora mesmo non me lembro do día en que se poderá ver no cine).
Ata outro día que me apeteza escribir e que os exames me deixen.
Un saúdo.
David
P.D: Gustaríame que, se lestes o libro Código Da Vinci, me désedes a vosa opinión.