Diario parcial e tendencioso da Coruña

Sábado, Janeiro 15, 2005

Ola!

Son David. Non sabes como che agradezo que entrases no meu blog! Son da Coruña e teño 12 anos, nin un máis nin un menos. Xogo ao balonmán e ao fútbol cando non teñen xente, porque me chaman aínda que non vaia entrenar. Son como Romário, o que pasa é que non me arrastro polos campos con 50 anos. Gústame a música e toco o tamboril en Cántigas da Terra. Tamén me gusta ler libros de todo tipo, menos Quién se ha llevado mi queso e outros similares. Son do Dépor, aínda que este ano máis me valera ser do Barça...
Xa irei contando máis cousas cando teña tempo e gana.
David