De volta...
En fin, case un mes sen poñer nada por aquí... E a verdade é que este mes tiven pouquísimo tempo, principalmente por culpa dos exames, e pido perdón por non cumplir o do post por semana. Agora que xa acabei os exames a ver se podo ir colgando máis cousas por aquí.
E ultimamente non é que houbera pouco que contar, máis ben ao contrario. Desde logo pasaron cousas que merecen ser relatadas, hehehe...
Primeiro teño que comentar que o día que fomos a Vigo a xogar non fixemos moito, porque só estaban 5 cadetes e tivemos que xogar mesturados e ademais sen contacto... Polo tanto non se pode dicir que iso fora un partido, hehehe... De todas formas pasámolo ben na nosa primeira viaxe.
Despois chegou a impresionante inauguración da LNB - Conferencia NorOeste, un absoluto éxito en canto a afluencia e participación. Persoalmente teño que dicir que xoguei peor ca nunca, estaba bastante nervioso e non me saía nada ben... No tema colectivo coméntovos que foi incríbel, e que hai un nivel de xogo insospeitado por todos. De todas formas no próximo partido resarcireime desta mala actuación, hahaha... Aquí tedes unha crónica e por alá outra sobre ese espectacular encontro na Zapateira.
E seguindo co tema da billarda tamén teño que dicirvos que a LNB recibiu o recoñecemento como mellor iniciativa en deporte tradicional nos Premios Nacionais do Deporte Galego!!! Aquí tedes o vídeo, escoitade o discurso que rachou con todo o politicamente estabelecido! Avante a LNB!
E aínda houbo máis, como o meu debut real como xogador de rugby no derbi Crat - Zalaeta. O caso é que isto era un partido amistoso cadete, pero os do Zalaeta trouxeron a varios xuvenís, incluso un dos xogadores veu conducindo un Ford Fiesta :D. Tamén hai que dicir que xogaron con 13 no campo e nós con 15, mais de todas formas tamén tiñan un bo número de maiores de 16 anos. Ao final perdemos 15-5, pero teño que dicir que xogamos bastante mellor á man. Tamén é resaltábel o feito de que cando iamos 5-5 fixen un ensaio válido, bastante bonito ademais, e anuláronmo inxustamente... En fin, non vou buscar excusas, hehehe... Xogando paseino moi ben e espero volver ter outro partido canto antes ;).

E tamén me pasou outra cousa incríbel estes días: recibín a carta coa convocatoria coa Selección Galega de Rugby para a preparación dos chamados Campeonatos Autonómicos!!! Tamén é verdade que estamos 28 convocados, así que supoño que de aí aínda farán unha segunda criba pola que vexo difícil pasar... Isto será mañán, día 8 de decembro, no campo de Acea da Ma, así que xa vos contarei como me foi.
Tamén vou comentar que onte parte das Filloas de Sangue, franquicia da Conferencia NorOeste, estivemos adestrando no parque de Santa Margarida. Fixemos un torneo moi emocionante do que saín victorioso despois de vencer cun varado na final ao meu compañeiro Roi, que se quedou a 2 cms de facer outro. Vendo que o día 16 se vai xogar o segundo torneo da Liga pensamos que deberiamos ir adestrando para mellorar a nosa primeira actuación, así que algúns días esperamos poder xogar un pouco, hehehe...